sábado, 21 de mayo de 2011

Viaxe por Europa de Brenda e Silvia

A seguinte entrada trata sobre facer unha viaxe polas cidades de Europa con máis dun millón de habitantes.
Para iso, Silvia Veiga Romero e máis eu (Brenda Rodríguez Seoane) tivemos que calcular unha viaxe hipotética o mías barato posible para dúas persoas, xa que a crise non permite facer unha viaxe diferente.
Ante todo, cabe dicir que só podemos estar nesas cidades durante 2 días visitando tres emplazamentos que caracterizan a esa cidade e só podemos facer por día 800 km. como máximo, tendo que parar un día nunha cidade ponte se sobrepasamos esa distancia.


Bueno, paso a ensinarvos esta fantástica viaxe de dúas estudantes nunha travesía en coche por diferentes lugares increíbles, comezando en Santiago e rematando en Roma;)

-Primeiro, saímos de Santiago de Compostela cara Madrid:
     A viaxe custa 60,38€ (peaxe: 5,30€ e carburante 55,08€), sendo 601 km. feitos en 6 horas e 15 minutos.
     Hotel: Hostal Welcome: 60,84€
     Lugares a visitar: Museo del Prado, Parque del Retiro, Museo Antropolóxico.
-De Madrid a Barcelona:
     Son 54,67€ nunha viaxe de 8 horas e 36 minutos cunha distancia de 610 km.
     Hotel: Hostal New Cork: 56€
     Lugares: Barrio Gótico, Sagrada Familia e Parc Güell.
-De Barcelona a París:
Antes de chegar a París, temos que facer unha parada en Burdeos, costando o desprazamento 57,68€ e recorrendo 633 km. en 9 horas e 21 minutos.
     Unha vez en París, costa a chegada desde Burdeos 58,94€ (peaxe: 8,10€ e carburante: 50,84€), sendo 580 km feitos en 8 horas e 21 minutos.
     Hotel: Hotel Hibiscus: 64€
     Lugares: Torre Eiffel, Louvre e Museo Pompidou.
-De París a Londres:
     Son 42,63€ en 7 horas e 15 minutos, percorrendo 367 km.
     Hotel: Hotel Osterley Park: 60€
     Lugares: London eye, Picadilly Circus e British Museum.
-De Londres a Birmingham:
     25,83€ (carburante: 16,27€ e impuesto de 9,56€). Son 184 km. feitos en 2 horas e 53 minutos.
     Hotel: Hatters Backpack Hostel: 60€
     Lugares: St Martin Cathedral, Soho House Museum e Botanical Gardens & Glasshouses.
-De Birmingham a Colonia:
     38,65€ nunha viaxe de 10 horas con 717 km.
     Hotel: MEININGER Hotel Köln City Center: 80€.
     Lugares: Museo de Chocolate Imhoff-Stollwerck, Xardín do Rin e Catedral de Colonia.
-De Colonia a Hamburgo:
     38,65€ para 411 km. feitos en 5 horas e 39 minutos.
     Hotel: Blackpackers St Pauli: 42€.
     Lugares: Porto de Hamburgo, Concello de Hamburgo e Planten un Blomen.
-De Hamburgo a Berlín:
     27,01€ en 288km. feitos en 5 horas e 3 minutos.
     Hotel: Hotel de Ela: 60€.
     Lugares: Muro de Berlín, Museo de Historia Alemana e Palacio da República.
-De Berlín a Varsovia:
     49,73€ en 9 horas e 7 minutos de viaxe con 565 km. feitos.
     Hotel: Hostel Krokodyl: 76€.
     Lugares: Palacio da Cultura, Museo do Levantamento e Castelo Real.
-De Varsovia a Bucarest:
Antes de chegar a Bucarest, temos que facer unha parada en Suceava, con 72,06€ gastados (carburante: 66,06€ e imposto: 6€) nunha viaxe de 745 km. feita en 12 horas e 23 minutos.
     Xa en Bucarest, o desprazamento desde Suaceava son 442 km. feitos en 6 horas e 56 minutos e gastando 45,40€ (carburante: 39,40€ e imposto de 6€).
     Hotel: Apartamentos Elisabeth: 60€.
     Lugares: Palacio Cretelescu, Arco do Triunfo e Iglesia Santa Nicolae.
-De Bucarest a Sofía:
     Son 386 km. feitos en 5 horas e 49 minutos e gastando 56,73€ (Peaxe: 12€, carburante: 33,73€ e imposto de 11€).
     Hotel: Sofia Guesthouse: 16€
     Lugares: Museo Arqueolóxico, Teatro Nacional de Iván Vazov e Palacio Nacional da Cultura.
-De Sofía a Budapest:
     71,55€ (carburante: 66,55€ e imposto de 5€) en 764 km. feitos en 11 horas e 27 minutos.
     Hotel: Botel Hotel Lisa: 76€.
     Lugares: Parlamento, Plaza dos Heroes e Museo do Holocausto.
-De Budapest a Viena:
     26,23€ en 5 horas e 22 minutos con 261 km.
     Hotel: MININGER Hotel Wien City Center: 60€.
     Lugares: Museo Albertina, Capela do Palacio Imperial e a Casa Mozart.
-De Viena a Praga:
     35,44€ por 365 km. feitos en 6 horas e 59 minutos.
     Hotel: Hotel Sunflower: 76€
     Lugares: Catedral de San Vito, Clementinum e Ponte de Carlos.
-De Praga a Múnich:
     43,33€ (carburante: 33,63€ e imposto de 9,7€). Son 5 horas e 52 minutos con 361 km.
     Hotel: A&O City Hackerbrücke: 64€.
     Lugares: Residenzmuseum, Viktualienmarkt e a Porta de Isar.
-De Múnich a Milán:
     44,39€ en 8 horas e 12 minutos de viaxe facendo 461 km.
     Hotel: Piero Rotta Hostel: 76€.
     Lugares: Arco da Paz, o Cenacolo e o Palacio  Real.
-De Milán a Roma: 
     61,67€ en 7 horas e 29 minutos de viaxe percorrendo 653 km.
     Hotel: Hotel Alba: 52€.
     Lugares: Coliseo, Panteón e Capela Sixtina.


E ata aquí a nosa andananza, a cal levounos 36 días, gastando aproximadamente un total de 1974,94€ (sen contar o coche de aluguer que habería que coller en cada cidade), co cal é unha viaxe económica polas cidades máis importantes do continente.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario