sábado, 2 de abril de 2011

Aportacións privadas ao desenvolvemento económico internacional

A aportación pública e a implicación do Estado no desenvolvemento económico dos países foi a tónica durante moito tempo, xa que se veía con malos ollos o libre mercado e a globalización.
Pero a partir da crise de 1982, as empresas privadas monopolizaron o desenvolvemento internacional, axudadas en moitas ocasións polo FMI e o Banco Mundial e agora son o motor da economía mundial.

Isto plantexa unha serie de dúbidas respecto a se ésta é unha boa forma de que os países subdesenvolvidos podan medrar economicamente e se en verdade son eticamente correctas todas as pautas que estas empresas están levando a cabo, xa que ao non estar suxeitas a ningún Estado, as campañas e axudas que relizan durarán o tempo que sexan rentables como forma de márketing.

Porque non temos que enganarnos, estas empresas que levan a cabo campañas concienciadoras sobre a situación dos países máis desfavorecidos, non se moven por un acto de altruísmo, senón que o que buscan é unha boa reputación mentres que explotan lugares importantes para conseguir materias primas, potencian a destrucción do medio ambiente e ata provocan que moitos dos países aos que "axudan" queden na mesma situación na que estaban ou peor (apoio a réximes opresores, non potenciar o mercado e a industria...), como é o caso de Zabwe, en Zambia, onde debido ás explotacións de cobre e ás industrias, é unha das zonas máis contaminadas do mundo. 
Este tipo de márketing polo que parece, está permitido e en moitas ocasións, ben visto, xa que sempre é bo que alguén que ten posibilidades, poda axudar aos máis necesitados, por iso non é estraño que aos famosos que aportan algo de diñeiro ou que forman organizacións sexan recoñecidos e ata se lles dea premios, aínda que en verdade a súa aportación é mínima comparado co que gañan por esta publicidade gratuita. Exemplos disto o temos na concesión do premio de Personaxe do Ano outorgado no 2005 pola revista Times ao creador de Microsoft (Bill Gates) xunto coa súa muller e o cantante Bono http://www.elmundo.es/elmundo/2005/12/18/comunicacion/1134914674.html, quen levou a cabo unha campaña nese mesmo ano para xuntar a varios artistas nun macroconcerto chamado Live 8, aparte de dar axuda aos máis desfavorecidos, aínda que en verdade e comparada coa súa fortuna, a cantidade é ridícula.

Como exemplo de campaña publicitaria, aínda que hai miles, escollín esta de Coca-Cola, unha das empresas que máis danan o medio ambiente e tamén unha das que máis campañas fan para a mellora dos países do chamado Terceiro Mundo:





Por último, quero deixar algunha noticia sobre axuda humanitaria internacional, como a levada a cabo pola compañía de teléfonos móbiles Sony Ericsson, unhas das compañías que parece estar comprometida co medio ambiente segundo informacións de Greenpeace ( http://www.greenpeace.org/argentina/es/campanas/contaminacion/basura-electronica/ranking-verde-de-electr-nicos3/sony-ericsson/ ) quen axuda en algúns sitios como Haití coa colaboración da UNESCO: http://business.un.org/es/documents/129

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario