miércoles, 23 de febrero de 2011

O "neocolonialismo"


Como se pode ver,en verdade as terras de Arxentina están sendo repartidas non para paliar os grandes déficits alimentarios,senón para que moitas das grandes empresas se enriquezcan a base de hectáreas...

Ademais, isto non só ocorre en Latinoamérica, senón que en África as cotas que alcanza a venda de hectáreas está sendo imparable e en paises como Nixeria o 75% das terras están sendo afectadas por isto.

Fontes:
Situación de Nixeria: http://www.farmlandgrab.org/post/view/18152
Sobre Guatemala: http://www.farmlandgrab.org/post/view/18215
Vídeo sobre Arxentina: http://www.youtube.com/watch?v=7QQ8SLmUFVE

martes, 22 de febrero de 2011

Loita pola terra cultivable



No texto cóntase como, aínda que existen unha multitude de países nos que a xente morre por falta de alimento, as terras caen en mans dos Estados ricos que puxan por elas para obter grandes beneficios sen demasiados gastos.
Isto fai que nos plantexemos unha serie de cuestións morais acerca do que está ocurrindo nun mundo tan marcado pola globalización que algunhas veces esquécense as cuestións primordiais para un ser humano como, neste caso, é o dereito a comer e a ter terras para poder xerar ese sustento.
Parece mentira que a principios do século XXI aínda sigan habendo lugares onde a xente non teña qué comer e que, desde un punto de vista hipócrita, se trate de acabar coa fame mentres todas as grandes potencias levan a cabo unha loita incesante por facerse co poder das terras dalgúns países pobres para reducir o coste das materias primas ou conseguir unha maior produtividade. Así, e de acordo co libre comercio, a propiedade agraria pasa das mans dos que a traballan a empresas que non se preocupan polo futuro de aquelas persoas que só poden vivir do que producen, condenando a casi toda a población á (todavía máis) miseria
¿De verdade merece a pena que un país crezca economicamente a costa de miles de persoas?¿Non se deberían tomar medidas dunha vez e acabar con tanta falsedade?
Eu penso que se seguimos así chegaremos a un punto no que o afán de facerse rico e poderoso conlevará a que a vida no mundo sexa insoportable, pero alá cada un coa súa conciencia…